miércoles, 12 de noviembre de 2014

Para ir quentando motores, imos visualizar o percorrido animado da seguinte pinga de auga:
https://www.youtube.com/watch?v=k0EffP8mgCo
que teñades un bo día!

jueves, 23 de octubre de 2014

Benvidos a un novo curso, estamos cargados de novas vivenzas musicais e proxectos interesantes como por exemplo o que levaremos a cabo no centro "A auga".
En breves compartiremos con todos vós as relacións da música coa auga.
Vémonos pronto!!!!

jueves, 12 de junio de 2014

Polo río abaixo vai... unha escola

Ola nenas e nenos, 
aquí vos deixo unha publicación do pasado "Paseo fluvial" no Cabo Fradera... 
Só tedes que clicar no link e poderedes ver fotiños de diversas aulas
Biquiños e apertas... ;)

NAVEGAMOS POLO RÍO MIÑO

jueves, 15 de mayo de 2014

Celebramos os maios

Ola raposas e raposos,
este mes celebraremos os maios no Parque Natural do Monte Aloia. Como o ano pasado, faremos os nosos "maios", daremos unha volta polo monte e como non, faremos unha festiña para celebrar este tempo tan especial do ano...

Pois ben, esta vez ímos cantar e bailar... Nenas, nenos, profas, profos, mamás, papás, avoas, avós e toda a fauna que se apunte nunha gran roda...

Aí vos deixo un vídeo onde o bailan a rapazada de Campolongo e un que colgou Jose Carlos Casales... Moitas grazas por compartir este material con todas e todos nós!





martes, 6 de mayo de 2014

Hino Rockeiro do CRA de Tui

Ola raposas e raposos,
que vos parecería gravar un video musical cunha canción moi, moi, pero que moi rockeira que fale do noso cole???
Pois si, coa axuda inestimable dos mesmísimos AC/DC imos crear o noso propio hino...
Coa música do "Highway to Hell" fixemos unha letra super chuliña os profes Jose, o "teacher", Jose de ximnasia e Ramiro de música...
Aquí a tedes, resién saída do forno do "Bathroom Studios"...
A rocanrrolear!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! 

miércoles, 26 de marzo de 2014

Día Internacional do libro infantil

Ola raposas e raposos,
para o vindeiro día 2 de abril vaise celebrar o Día Internacional do libro infantil...
O noso CRA vai ter unha representación no acto que vai ter lugar na praza da Catedral. Ímos cantar unha ou dúas (non tres) pezas nese acto.
Se as queredes escoitar e cantar... claro que si!!! Aí vos van...

A ghosalas!!!